18 marzo 2023

Quinto día en Casarano

Hoxe foi o noso último día todos xuntos en Casarano, mañá vanse o equipo polaco e o finlandés. 

Pola mañá estivemos no centro, a primeira actividade serviu para reflexionar sobre o que aprendemos durante a semana, daquela unha profesora e unha alumna de cada país foron entrevistadas na radio e ao mesmo tempo outro grupo de alumnos e alumnas elaboraron varios vídeos sobre o que viviron ao longo desta mobilidade. Por último o equipo italiano ofreceuvos unha cerimonia de despedida. 

A partir de agora os alumnos e alumnas gozarán dalgún tempo coas familias. O domingo comezaremos a longa volta a casa.

16 marzo 2023

Cuarto día en Casarano

📣 Pola mañá asistimos a unha actividade de debate 🗣️ na que participa e compite a nivel nacional o centro 🏫 italiano. 

📣 Pola tarde visitamos 🏙️ Gallipoli, unha cidade mariñeira 🌊 e turística. Alí o 👩‍💻👨‍💻 alumnado realizou unha procura 🔍🕵️‍♂️ do tesouro, unha forma interactiva de coñecer Gallipoli. 

📣 Despois todos xuntos visitamos un museo no que nos mostraron restos dunha fábrica de aceite para as 💡 lámpadas.

📣 Tamén tivemos a sorte de que nos abrisen a igrexa ⛪ da Purita, onde puidemos ver unhas preciosas e moi valiosas 🖼️ pinturas. Un día estupendo a pesar do 🍃 vento frío ❄️ que sopraba.

15 marzo 2023

Terceiro día en Casarano

📢 Terceiro día en Casarano. Hoxe pola mañá ensináronnos a bailar 💃💃unha danza 🩰 típica chamada pizzica, primeiro fixéronnos unha demostración e logo convidáronnos a 🪩 bailar. 

📢 Unha vez finalizada a actividade, saímos cara a Lecce, cidade coñecida como a Florencia do sur. É unha cidade preciosa repleta de monumentos barrocos e cun anfiteatro romano, alí o alumnado 👩‍💻👨‍💻 en grupos fixo unha procura do 🪙 tesouro. Lamentablemente choveunos ☔🌧️☔ bastante, pero a pesar de todo o día foi 🎉 estupendo.

14 marzo 2023

Segundo día en Casarano

📢 Segundo día en Casarano, hoxe combinamos unha visita por un ambiente natural 🌳🍃🌲 entre oliveiras 🫒 chegando ao mar 🌊cun guía que nos explicou os cambios que sufriu a zona ao longo do tempo. 

📢 Logo visitamos a Casa Della Agricultura, unha asociación que busca recuperar a produción de produtos tradicionais da zona para conseguir que os mozos non se vaian buscando traballo a outros lugares. 

📢 Déronnos para comer 🍝 os produtos que eles cultivan e ensináronnos a facer a pasta da zona. Foi un día moi completo.

13 marzo 2023

Primeiro día en Casarano

📢 Tras unha longa 🛫✈️🛩️ viaxe, chegamos a 🇮🇹 Casarano. 

📢 Hoxe coñecemos o centro 🏫 italiano e ao resto das nosas colegas 👩‍🏫👩‍🏫 🇵🇱polacas e 🇫🇮 finlandesas. 

📢 Pola mañá fomos recibidos pola directora, profesorado e alumnado 👩‍💻👨‍💻 italiano, ensináronnos o centro e realizamos as primeiras actividades. 

📢 Pola tarde un grupo de alumnos e alumnas italianas escenificaron 🎭 en lugares representativos de Casarano diversos aspectos da vida dese lugar ao longo da historia.