14 marzo 2023

Segundo día en Casarano

📢 Segundo día en Casarano, hoxe combinamos unha visita por un ambiente natural 🌳🍃🌲 entre oliveiras 🫒 chegando ao mar 🌊cun guía que nos explicou os cambios que sufriu a zona ao longo do tempo. 

📢 Logo visitamos a Casa Della Agricultura, unha asociación que busca recuperar a produción de produtos tradicionais da zona para conseguir que os mozos non se vaian buscando traballo a outros lugares. 

📢 Déronnos para comer 🍝 os produtos que eles cultivan e ensináronnos a facer a pasta da zona. Foi un día moi completo.