15 marzo 2023

Terceiro día en Casarano

📢 Terceiro día en Casarano. Hoxe pola mañá ensináronnos a bailar 💃💃unha danza 🩰 típica chamada pizzica, primeiro fixéronnos unha demostración e logo convidáronnos a 🪩 bailar. 

📢 Unha vez finalizada a actividade, saímos cara a Lecce, cidade coñecida como a Florencia do sur. É unha cidade preciosa repleta de monumentos barrocos e cun anfiteatro romano, alí o alumnado 👩‍💻👨‍💻 en grupos fixo unha procura do 🪙 tesouro. Lamentablemente choveunos ☔🌧️☔ bastante, pero a pesar de todo o día foi 🎉 estupendo.