16 marzo 2023

Cuarto día en Casarano

📣 Pola mañá asistimos a unha actividade de debate 🗣️ na que participa e compite a nivel nacional o centro 🏫 italiano. 

📣 Pola tarde visitamos 🏙️ Gallipoli, unha cidade mariñeira 🌊 e turística. Alí o 👩‍💻👨‍💻 alumnado realizou unha procura 🔍🕵️‍♂️ do tesouro, unha forma interactiva de coñecer Gallipoli. 

📣 Despois todos xuntos visitamos un museo no que nos mostraron restos dunha fábrica de aceite para as 💡 lámpadas.

📣 Tamén tivemos a sorte de que nos abrisen a igrexa ⛪ da Purita, onde puidemos ver unhas preciosas e moi valiosas 🖼️ pinturas. Un día estupendo a pesar do 🍃 vento frío ❄️ que sopraba.