18 marzo 2023

Quinto día en Casarano

Hoxe foi o noso último día todos xuntos en Casarano, mañá vanse o equipo polaco e o finlandés. 

Pola mañá estivemos no centro, a primeira actividade serviu para reflexionar sobre o que aprendemos durante a semana, daquela unha profesora e unha alumna de cada país foron entrevistadas na radio e ao mesmo tempo outro grupo de alumnos e alumnas elaboraron varios vídeos sobre o que viviron ao longo desta mobilidade. Por último o equipo italiano ofreceuvos unha cerimonia de despedida. 

A partir de agora os alumnos e alumnas gozarán dalgún tempo coas familias. O domingo comezaremos a longa volta a casa.