📣 No terceiro día desta viaxe desprazámonos a 🇫🇮 Helsinki. Unha vez alí, divididos en grupos fixemos un pequeno tour pola cidade 🏙️ guiados polo alumnado finlandés no que puidemos ver edificios e lugares emblemáticos da cidade. A continuación fomos ao 🏛️ Museo da Arquitectura onde nos explicaron moitos aspectos interesantes das construcións 🏡 finlandesas, sobre todo dos anos 70.
28 septiembre 2023
Terceiro día en Espoo
27 septiembre 2023
Segundo día en Espoo
📣 Segundo día en 🇫🇮 Espoo. Hoxe comezamos visitando a 🕍 Catedral Luterana medieval de Espoo, e logo seguimos con visitas a varios 🏛️ museos. En primeiro lugar visitamos o Glims Farmstead Museum, onde os rapaces puideron ver cómo eran as antigas 🐄🐖 granxas finlandesas. A continuación fomos ver o Museo de Villa Rulludd, e coñecer así as casas 🏡 de verán finlandesas de hai uns cantos anos.
📣 Fixemos unha parada para 🍛 xantar nun restaurante ao lado do 🌊 Mar Báltico e finalizamos o día cunha visita 🚶♂️🚶♀️guiada ao EMMA, Espoo Museum of Modern Art. Alí o alumnado rematou as tarefas do día cun traballo en grupo, no que tiñan que interpretar 🎭 unha obra de arte antiga e outra nova. Foi un día cheo de actividades!25 septiembre 2023
Primeiro día en Espoo
📣 Hoxe comezamos a semana de traballo no centro finlandés 🇫🇮 de Espoo. O alumnado empezou o día asistindo a dúas clases cos seus anfitrións. Ás dez 🕙 foi a cerimonia oficial, onde nos deron a benvida e a continuación fixéronse actividades para romper o xeo ❄️ e comezar a coñecernos nas que participaron profesoras e alumnado. Seguindo os costumes finlandeses, xantamos 🍛 ás 11:30 na comedor do centro.
📣 Logo, divididos en grupos fixemos unha visita ás instalacións do instituto e rematamos a mañá con traballo en equipos internacionais sobre o tema da mobilidade: as casas 🏡 e a súa evolución ao longo do tempo.📣 Pola tarde o alumnado finlandés preparou actividades 🤸♀️🤸 diversas, nas que no participou o profesorado e seguro que foron moi divertidas.
22 septiembre 2023
Terceira mobilidade de alumnado do proxecto
📢 Durante a próxima semana, do 23 ao 29 de setembro, un grupo de seis alumnos/as 👩👦 de cuarto da ESO e primeiro e segundo de bacharelato e dúas profesoras 👩🏫👩🏫 do #iesafonsoxcambre viaxarán a Espoo (Finlandia) 🇫🇮 para participar na terceira mobilidade de alumnado do proxecto #erasmusplus 🇪🇺 KA121 @changes_in_everyday_life no que participa o centro.
📢 Alí reuniranse cos socios do proxecto (de Finlandia 🇫🇮, Polonia 🇵🇱 e Italia 🇮🇹) para reflexionar sobre sobre os cambios ao longo do tempo en diferentes aspectos da vida cotiá e a cultura destes países e como afectan estes cambios a súa vida actual. Ademais poderán desenvolver habilidades que lles permitan afrontar e superar as posibles diferenzas e desigualdades socioculturais.





















































































































