28 septiembre 2023

Terceiro día en Espoo

 📣 No terceiro día desta viaxe desprazámonos a 🇫🇮 Helsinki. Unha vez alí, divididos en grupos fixemos un pequeno tour pola cidade 🏙️ guiados polo alumnado finlandés no que puidemos ver edificios e lugares emblemáticos da cidade. A continuación fomos ao 🏛️ Museo da Arquitectura onde nos explicaron moitos aspectos interesantes das construcións 🏡 finlandesas, sobre todo dos anos 70.


📣 Despois da parada para 🍛 xantar, tivemos tempo libre para gozar da cidade e facer algunha 🛍️ compra antes de volver a Espoo. Foi outro día moi intenso!