29 septiembre 2023

Cuarto día en Espoo

 📣 No cuarto día no centro 🇫🇮 finlandés, o 👩‍💻👨‍💻 alumnado fixo un taller no que tiñan que utilizar todo o que aprenderon nos días previos, tanto no centro como nos museos que se visitaron. Empezaron a deseñar vivendas 🏡 tendo en conta o número de habitantes de cada unha e os seus ingresos 💵💴 así como os materiais empregados.

📣 Ás dez tiveron unha pequena conferencia dunha arquitecta 📐📏 que traballa nun proyecto de vivendas sostibles, o que lles axudou a mellorar os seus traballos.

📣 Despois da pausa para 🍲 xantar, seguiron cos seus deseños ata rematalos, pois mañá terán que presentalos aos seus compañeiros.