29 septiembre 2023

Quinto día en Espoo

 📣 Último día no 🏫 instituto de 🇫🇮 Espoo. Hoxe os alumnos remataron os deseños 📐📏 que comezaron onte e explicaron aos seus compañeiros as súas creacións. Despois da pausa para 🍲 xantar (coma sempre sobre ás 11:30) hubo unha pequena cerimonia de despedida onde os alumnos finlandeses cantaron unha fermosa 🎤 canción e as profesoras 🧑‍🏫👩‍🏫 finlandesas entregáronnos os 📝certificados de asistencia e unha bolsa 🛍️feita polos alumnos finlandeses cuns 🎁 agasallos. E chegou a nosa hora ⌛de marchar cara o ✈️ aeroporto. Grazas compañeiros, alumnado e familias. Vémonos en 🇪🇦 Cambre en marzo do próximo ano. Kiitos!