27 septiembre 2023

Segundo día en Espoo

 📣 Segundo día en 🇫🇮 Espoo. Hoxe comezamos visitando a 🕍 Catedral Luterana medieval de Espoo, e logo seguimos con visitas a varios 🏛️ museos. En primeiro lugar visitamos o Glims Farmstead Museum, onde os rapaces puideron ver cómo eran as antigas 🐄🐖 granxas finlandesas. A continuación fomos ver o Museo de Villa Rulludd, e coñecer así as casas 🏡 de verán finlandesas de hai uns cantos anos.

📣 Fixemos unha parada para 🍛 xantar nun restaurante ao lado do 🌊 Mar Báltico e finalizamos o día cunha visita 🚶‍♂️🚶‍♀️guiada ao EMMA, Espoo Museum of Modern Art. Alí o alumnado rematou as tarefas do día cun traballo en grupo, no que tiñan que interpretar 🎭 unha obra de arte antiga e outra nova. Foi un día cheo de actividades!