25 septiembre 2023

Primeiro día en Espoo

 📣 Hoxe comezamos a semana de traballo no centro finlandés 🇫🇮 de Espoo. O alumnado empezou o día asistindo a dúas clases cos seus anfitrións. Ás dez 🕙 foi a cerimonia oficial, onde nos deron a benvida e a continuación fixéronse actividades para romper o xeo ❄️ e comezar a coñecernos nas que participaron profesoras e alumnado. Seguindo os costumes finlandeses, xantamos 🍛 ás 11:30 na comedor do centro.

📣 Logo, divididos en grupos fixemos unha visita ás instalacións do instituto e rematamos a mañá con traballo en equipos internacionais sobre o tema da mobilidade: as casas 🏡 e a súa evolución ao longo do tempo.
📣 Pola tarde o alumnado finlandés preparou actividades 🤸‍♀️🤸 diversas, nas que no participou o profesorado e seguro que foron moi divertidas.