03 septiembre 2022

Segunda e última xornada da primeira mobilidade de profesorado

📢 Segunda e última xornada da primeira mobilidade de profesorado 👩‍🏫 do proxecto 🇪🇺 Erasmus "Changes in everyday life"
📢 Nesta viaxe preparatoria, as nosas compañeiras 👩‍🏫👩‍🏫 Olga e Laura acordaron coas socias italianas 🇮🇹, finlandesas 🇫🇮 e polacas 🇵🇱 algúns temas pendentes sobre a organización da próxima mobilidade de alumnado👩‍💻👨‍💻 e, a continuación, acudiron a unha entrevista na radio🎙️local @diffusione_stereo na que falaron 🗣️ do novo proxecto 🇪🇺.
📢 Despois de xantar 🍛, leváronas a coñecer a pequena vila de Otranto. De volta a Casarano en autobús 🚌 puideron desfrutar da fermosa paisaxe da costa 🐟 adriática.