02 septiembre 2022

Novo proxecto Eramus +

📢 Novo curso no #iesafonsoxcambre e tamén novo proxecto 🇪🇺 Erasmus: Changes in everyday life.

📢 Onte, despois dunha longa ✈️viaxe, as nosas compañeiras 👩‍🏫👩‍🏫 Olga Varela e Laura Gonzalo chegaron a Casarano 🇮🇹 (Italia) para organizar un novo proxecto 🇪🇺 con tres centros educativos (de Finlandia 🇫🇮, Polonia 🇵🇱 e o anfitrión de Italia 🇮🇹).

📢 Nesta primeira mobilidade, o profesorado comezará a preparar o traballo que permitirá ao alumnado 👩‍💻👨‍💻 reflexionar sobre os cambios ao longo do tempo en diferentes aspectos da vida cotiá e a cultura destes países e como afectan estes cambios a súa vida actual. Ademais poderán desenvolver habilidades que lles permitan afrontar e superar as posibles diferenzas e desigualdades socioculturais.