09 marzo 2023

Segunda mobilidade de alumnado do proxecto

📢 Durante a próxima semana, do 12 ao 19 de marzo, un grupo de seis alumnos/as 👩👦 de cuarto da ESO e dúas profesoras 👩‍🏫👩‍🏫 do #iesafonsoxcambre viaxarán a Casarano (Italia) 🇮🇹 para participar na segunda mobilidade de alumnado do proxecto #erasmusplus 🇪🇺 KA121 @changes_in_everyday_life no que participa o centro. 

📢 Alí reuniranse cos socios do proxecto (de Finlandia 🇫🇮,  Polonia 🇵🇱 e Italia 🇮🇹) para reflexionar sobre sobre os cambios ao longo do tempo en diferentes aspectos da vida cotiá e a cultura destes países e como afectan estes cambios a súa vida actual. Ademais poderán desenvolver habilidades que lles permitan afrontar e superar as posibles diferenzas e desigualdades socioculturais. 

14 octubre 2022

Último día de mobilidade en Polonia

📣 Chegou o final e pasamos unha xornada moi intensa e chea de emocións.

📣 Comezamos coa avaliación da mobilidade, realizando varias actividades en equipos co obxectivo de expresar a nosa 🤔 opinión e sentimentos sobre todo o vivido estes días. Foi verdadeiramente construtivo.

📣 A continuación, realizamos unha conexión en liña para celebrar os #erasmusdays co noso centro e o 🇮🇹 @vaniniplus Liceo Vanini, aínda que os problemas técnicos 🚧 non nos permitiron gozala como desexabamos. Finalmente, a reunión en liña quedou reducida a Italia e Polonia, que mostraron os seus traballos neste día 🇪🇺 Erasmus.

📣 A tarefa final para poñer a guinda a esta semana foi que diferentes equipos debían construír a palabra Erasmus sen poder escribila e usando a imaxinación. O resultado foi verdadeiramente asombroso 😲 e creativo.

📣 Pechamos a xornada vendo un vídeo 🎞️ que recollía toda a semana en imaxes 📸 que conseguiron 😭 emocionarnos.

📣 Queremos agradecer de corazón o seu traballo a todos os equipos, pero especialmente aos polacos 🇵🇱 por facernos sentir coma na 🏡 casa. Vémonos en 🇮🇹 Casarano!





















13 octubre 2022

Cuarto día en Polonia 🇵🇱

📣 No noso cuarto día de mobilidade, madrugamos 🕢para dirixirnos ao parque 🏞️ natural de Ojkow, no que o outono nos deleitou coas súas 🍂🍁 cores. Visitamos unha das súas covas na que conta a lenda 📖 que se refuxiou o exército na súa fuxida dos mongoles. 

📣 Despois de comer 🥪 no parque encamiñámonos 🚶‍♂️🚶‍♀️🚶 ao "deserto 🏜️ de Polonia", único en Europa e verdadeiramente 🙀 sorprendente. 

📣 Foi un día para coñecer e gozar da natureza 🌳 polaca cun tempo ☀️ magnífico.


















12 octubre 2022

Terceiro día en Polonia 🇵🇱



📣 Esta mañá iniciamos a xornada cunha serie de 🎲xogos de interacción entre o alumnado 👩‍💻👨‍💻 dos distintos países 🇵🇱🇫🇮🇮🇹🇪🇦.

📣 Ás 🕥10:30 trasladámonos en 🚌 autobús a unha granxa 🚜🐖🐄 ecolóxica de cabazas 🎃 e outros cultivos 🌽. Ao finalizar o percorrido degustamos unha exquisita crema de cabaza e torta 🍰de mazá.

📣 Ao mediodía dirixímonos a Cracovia e despois de comer realizamos unha interesante visita 🚶‍♂️🚶‍♀️🚶guiada pola cidade vella.

📣 Hoxe tivemos a oportunidade de visitar unha das máis destacadas urbes polacas e foi un gran descubrimento. Volveremos!