14 octubre 2022

Último día de mobilidade en Polonia

📣 Chegou o final e pasamos unha xornada moi intensa e chea de emocións.

📣 Comezamos coa avaliación da mobilidade, realizando varias actividades en equipos co obxectivo de expresar a nosa 🤔 opinión e sentimentos sobre todo o vivido estes días. Foi verdadeiramente construtivo.

📣 A continuación, realizamos unha conexión en liña para celebrar os #erasmusdays co noso centro e o 🇮🇹 @vaniniplus Liceo Vanini, aínda que os problemas técnicos 🚧 non nos permitiron gozala como desexabamos. Finalmente, a reunión en liña quedou reducida a Italia e Polonia, que mostraron os seus traballos neste día 🇪🇺 Erasmus.

📣 A tarefa final para poñer a guinda a esta semana foi que diferentes equipos debían construír a palabra Erasmus sen poder escribila e usando a imaxinación. O resultado foi verdadeiramente asombroso 😲 e creativo.

📣 Pechamos a xornada vendo un vídeo 🎞️ que recollía toda a semana en imaxes 📸 que conseguiron 😭 emocionarnos.

📣 Queremos agradecer de corazón o seu traballo a todos os equipos, pero especialmente aos polacos 🇵🇱 por facernos sentir coma na 🏡 casa. Vémonos en 🇮🇹 Casarano!