18 marzo 2024

Primeiro día en Cambre

 📣 Hoxe recibimos no #iesafonsoxcambre aos nosos socios 🇮🇹 italianos, 🇵🇱 polacos e 🇫🇮 finlandeses do proxecto @changes_in_everyday_life


📣 Á primeira hora, tivo lugar a recepción oficial no salón de actos na que a directora do 🏫 centro, Belén Vidal, deu a 👋 benvida ao equipo. 📣 A continuación, o 👩‍💻👨‍💻 alumnado cambrés ensinoulle as instalacións do centro ao resto do equipo. Despois dun receso, leváronse a cabo distintas actividades para 🤸‍♂️🤸‍♀️🤸 romper o ❄️ xeo. 📣 Terminaron a mañá participando nun taller de deseño de pósteres sobre a evolución da ☎️📠📽️📺 tecnoloxía. 📣 Despois de 🍝 xantar no instituto, cada equipo presentou os resultados dunha 📊 enquisa sobre os medios de comunicación empregados nos seus países por distintas 👴👵👦👧 xeracións.
📣 Remataron a xornada 🖊️escribindo ✉️ postais para enviar mañá por 📮 correo postal as súas familias.