11 octubre 2022

Segundo día en Polonia

📢 Hoxe empezamos o día participando na cerimonia polo Día do Docente en 🇵🇱 Polonia, na que o instituto 🏫 polaco nos fixo unha cariñosa acollida. Desfrutamos coas actuacións 🎤 e bailes 🕺💃 tradicionais do país.

📢 Máis tarde visitamos un pequeno museo 🏛️ etnográfico no que nos mostraron o tipo de vida que se levaba fai uns 💯 anos e degustamos 🥮🥧produtos típicos da zona.

📢 Finalmente 🚌 viaxamos a Wieliczka onde realizamos un percorrido baixo terra pola súa espectacular Mina de 🧂Sal.

📢 Foi unha xornada moi completa na que aprendemos moitas cousas interesantes sobre o modo de vida en Polonia 🇵🇱 en épocas anteriores.